“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman...
Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica.
Dámosvos a benvida!
Lede, lede! Que xa veredes que iniciativa tan chula:
💛Imaxina que escribes un conto… e que todos os pacientes dun hospital póidano ler!!
💛
“Pequenos pacientes, grandes lectores” é un programa de incentivo á
lectura en hospitais para nenas, nenos e rapazada, creado pola Fundación
Cultura en Vea.
💛 O obxectivo deste proxecto é incentivar a
pacientes pediátricos (tanto ingresadas como ambulatorias) á escritura e
lectura de contos baseados nas emocións. 👉🏽 o alummado que
queira participar poderá escribir un conto para o uso e goce doutras
nenas e nenos, así como público en xeral. Para axudar á rapazada para
escribir o seu conto, producíronse 12 videotalleres cuxo contido aborda a
xestión das emocións, así como aspectos básicos de escritura creativa.
💛
Os contos formarán parte dunha biblioteca dixital en liña, e unha
selección deles participará nunha exposición itinerante por hospitais
dentro do programa de Arte Ambulatoria de Cultura en Vea.
😉 O noso hospital, o Álvaro Cunqueiro de Vigo, @vigosergas
poderá ter a expo a finais de ano e seguramente algún dos contos que
presentemos ou presentedes poderá formar parte desa exposición 🤩
Ningún comentario:
Publicar un comentario