A nosa pequena artista gañou o concurso de postais de Nadal🎄 que promoveu o HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO.
Moita arte nace desas mans!!!Parabéns, Laura!
🎨🤩
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
A nosa pequena artista gañou o concurso de postais de Nadal🎄 que promoveu o HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO.
Moita arte nace desas mans!!!
Esperabamos este día coa satisfacción dun traballo feito, no que houbo moita xente detrás, moitas horas de ordenador e papeis e, sobre todo, un alumnado entregado para facer este primeiro periódico da Aula Hospitalaria, o seu periódico: FARO DA ESCOLA
Levamos un mes cunhas novas inquilinas no hospital: 5 cabuxas de raza autóctona galega e que teñen como misión o ecopastoreo, liberando así o uso de máquinas nas zonas verdes que rodean o hospital.
Xentiña linda exercendo o seu dereito á educación vindo á Aula Hospitalaria do Hospital Álvaro Cunqueiro e recibindo atención educativa nas habitacións.