luns, 31 de maio de 2021

Convivindo coas emocións

 No cole do hospital, e tamén en atención domiciliaria, levamos uns meses alumnado e profes traballando arreo e man a man, nun Proxecto moi chulo sobre as emocións, na procura de un Diccionario Emocional do que teredes noticias xa en breves datas!



E dende a Biblioteca, tamén queremos engadir a nosa pequena aportación ao Proxecto e compartir unha selección para quen se anime a traballar, disfrutar, entender e/ou profundizar no tema...parécevos ben?

















Faltan moitos, pero posiblemente non sobre ningún, porque o tema é ...case infinito!








martes, 25 de maio de 2021

Os Dereitos do neno e a nena hospitalizados

❤❤  A Declaración dos Dereitos Humanos de 1948 incluía implícitamente os dereitos de todos os nenos e nenas, pero dada a sua condición de dependencia dos adultos e o seu maior grado de vulnerabilidade, foi preciso crear novas ferramentas xurídicas co paso do tempo.

Dende 1946 tamén estaba en funcionamento o "Fondo Internacional de las Naciones Unidas para la Ayuda a la Infancia" (Unicef) , organismo especializado na protección da infancia en Europa e que logo foi extendendo o seu ámbito de acción ao resto do mundo.




En 1959, os 78 países que conformaban a ONU aprobaron de xeito unánime a "Declaración de los Derechos del Niño", documento que recolle dez principios inherentes á infancia e que son de obrigado cumplimento.

 Esta declaración foi a que deu pé a "Carta de los Derechos del Niño Hospitalizado",redactada polo Parlamento Europeo en 1986 e que recolle 23 artículos que nos falan dos principios relacionados coa enfermidade e a hospitalización de todos os menores, sen distinción de sexo, raza , relixión ou nacionalidade.


1.- Dereito a que o neno ou nena non sexa hospitalizado, salvo se non pode recibir os coidados na sua casa ou no centro de saúde.
2.- Dereito a unha hospitalización diurna, sempre e cando non supoña unha carga económica adicional para a familia.
3.-Dereito a estar acompañado/a polos seus proxenitores ou persoas que os sustitúan mentres dure a hospitalización.
4.-Derito a recibir información axeitada a sua idade.
5.-Derito a unha recepción e seguemento.
6.- Dereito a negarse ante calquera propósito que non sexa terapeútico.
7.-Dereito das familias a recibir toda a información relacionada coa enfermidade.
8.- Dereito dos proxenitores ou persoas que os sustitúan a expresar a sua conformidade cos tratamentos.
9.- Dereito dos proxenitores ou persoas que os sustitúan a recibir un tratamento psicosocial especializado.
10.- Dereito a non ser sometido a experiencias farmacolóxicas ou terapeúticas.
11.- Dereito do neno ou nena a estar protexido pola Declaración de Helsinki cando sexa sometido a experimentación terapéutica.
12.-Dereito a non recibir tratamentos médicos que non sexan útiles.
13.-Dereito a contactar coa sua familia nos momentos de tensión.
14.- Dereito a ser tratado/a con tacto, educación e comprensión.
15.- Dereito a ser atendido/a por persoal cualificado.
16.- Dereito a ser hospitalizado/a, sempre que sexa posible, xunto a outros nenos e nenas.
17.-Dereito a continuar coa sua formación académica durante a sua hospitalización.
18.- Dereito a dispor de locales equipados conforme as suas necesidades.
19.- Dereito a dispor de xoguetes, libros e medios audiovisuais.
20.- Dereito a recibir estudios no caso de hospitalización parcial.
21.- Dereito á seguridade e xusticia.
22.- Dereito a recibir axuda económica, moral e psicosocial.
23.- Dereito das familias a solicitar a aplicación de esta Carta nos países que non sexan da Unión Europea.





luns, 17 de maio de 2021

Feliz día das letras galegas!

Hoxe, día 17 de maio, é un día moi especial: o día das letras galegas! 

Para celebralo, fixemos un vídeo, coa canción "Queremos Galego" de Pablo Díaz,  onde participou o alumnado de Atención Domiciliaria e o profesorado.

A verdade é que a experiencia de traballar en equipo foi fantástica!

Esperemos que o disfrutedes tanto coma nós!






venres, 14 de maio de 2021

mércores, 12 de maio de 2021

13 de maio: DÍA DO NENO E A NENA HOSPITALIZAD@S

Hoxe foi un día moi especial e así quixeron deixalo ben patente os nosos "cunquiñ@s" : eles están hoxe aquí, pero moitos outros estiveron antes...unha morea de biquiños moooi grandes ! E grazas pola vosa participación no vídeo, en representación de tod@s, a: Clara, Aziz, Alba, Eirín, Érika e Laila! sodes uns/unhas cracks!!

12 de maio: Día internacional da Enfermería

Compartimos un fermoso vídeo que nos envía a Fundación "Pequeño Deseo" para visibilizar o importante que é a labor dos personáis de enfermería, nestes tempos e sempre. Grazas mil polo voso traballo,esforzo e implicación!
https://www.youtube.com/watch?v=Om_ecYxO1y8 (premer enlace)

martes, 11 de maio de 2021

Kamishibai na casa 2

Aquí vos vai un novo kamishibai de outros dous Super Campións: Kevin e Nayara! Este alumnado noso é o mellor do mundo mundial!
https://www.youtube.com/watch?v=92bGXAaLgSo (premer no enlace)

Kamishibai na casa

Unha fermosa experiencia a que nos ven da man da increíble Super Lola para compartir cós nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal e có alumnado da Aula Hospitalaria...e que por suposto queremos compartir con todos vos!
https://www.youtube.com/watch?v=cP82s1dotww (premer no enlace)

venres, 7 de maio de 2021

Momentos difíciles

 Cando un neno ou nena está hospitalizado, ou está maliño/a na sua casa,  ás veces as emocións son tan intensas e variadas que cómpre intentar axudalos a entender o que lles pasa.

Poden ser momentos difíciles e os libros son sempre unha boa ferramenta de axuda : as investigacións de diferentes ámbitos e a neurociencia reforzan que o simple feito de falar do sucedido, entender e poñerlle un nome, reduce a dor e o medo que podamos sentir e axuda a racionalizar as emocións e a integrar feitos vividos, para poder superalos tamén...

Unha pequena selección que axude a abrir portas ao diálogo e a comunicación podería ser, entre moitas outras, esta:













mércores, 5 de maio de 2021

O Cunqueiro na prensa


 ¡¡¡¡Extra, Extra!!!!

Aproveitaremos este espazo para colgar noticias relacionadas co hospital Álvaro Cunqueiro, así como coa a atención domiciliaria e a hospitalaria.


https://www.facebook.com/123746764304270/posts/4355031961175708/?d=w



Atención Domiciliaria e Equipos Ava


https://valminortv.com/2021/05/05/profesionais-e-pacientes-xuntos-na-hixiene-de-mans/


5 maio: o día mundial da hixiene de mans







Día Mundial Hixiene de Mans : 5 de maio

 Vaia chulada de mural que fixeron os nosos alumnos e alumnas!