Certo día 😊 nun fermoso cole ❤ cun nome igual de bonitiño (❤"A Paz-Tintureira"❤), unha meiguiña que sempre se disfraza de profe 🔮 (Profe Elena, coido que lle chaman) acordou falar nas clases de Infantil e Primaria (1º,2º e 3º) 👥de como era o día a día das nenas e nenos que estaban nun hospital ...💉💊
Porque pese a que de entrada a ninguén lle gusta estar ali, moito menos polo Nadal, non si? 🎅🎈
Pois así o foron falando e requetefalando neses días tan especiais coma eles, de luces e sombras, de preguntas e respostas...de valentes con corazón! 💖💪😊
Acordaron facer algo,pero...o qué? Puxéronse a maquinar...👌🙇🎄
E chegóu a resposta: pois nada máis nin nada menos que unha máxica chuvia ⛆ de agarimos✨, apertas ✨, ánimos ✨, bicos ✨e ilusión ✨ ben camuflados como cartas de Nadal e agasallos para a árbore de Nadal 💌📪⛄!!
As nenas e nenos dese Hospital 😷 ("O Cunqueiro", penso que lle chaman) atoparon así neses días un motivo moooi especial que lles fixo poder ver a vida de moooitas cores diferentes...💚💛💜💗💙💫
Grazas e mil grazas, 💟 meiguiños e meiguiñas 📢 dixeron cun berro ben forte que chegóu como un foguete dende Valadares ata Coruxo!💑📡🚀🌟
Non o escoitades? 🎵🎶