venres, 30 de xuño de 2023

Pechando...

Un curso mais que remata...pero en setembro estaremos de volta coas pilas ben cargadiñas! 👈😊

Mentras tanto,  a Aula seguirá aberta  grazas a  ASANOG, GALICLOWN , CRUZ VERMELLA, FUNDACIÓN ABRACADABRA E O CENTRO DE DÍA DE VALADARES!

 🎈🎶🎲🚀

  














martes, 27 de xuño de 2023

Días inesquecibles...

Todo preparado para un remate de curso moooi especial e único💜💜

🎵Atención! ❤ Xa soa o "Gaudeamus Igitur"!🎵🎵🎶 as cadeiras se van ocupando e os nervos están "a flor de pel"...chega a homenaxeada e os aplausos estoupan!!👏👏👏

Se escoita a banda sonora de "La vida es bella"!!🎶🎵🎶🎶 e comezamos có acto de graduación dunha alumna especial. Moi especial. Tanto que é a primeira vez que o facemos...

Grazas polo teu esforzo, valentía, polo teu enorme corazón e por ser como eres : grande, Xuliña!








E como remate...non podía faltar unha partidiña de chinchón, no que é unha auténtica experta!!












luns, 26 de xuño de 2023

Baixando do ceo

Dende as alturas baixaron e, coma sempre fan, arrincaron expectación e sorrisos! ✨

Fixeron mil e unha cabriolas, para as nenas e nenos (e maiores tamén!) que alí estabamos pendentes da súa chegada, repartiron agasallos e agarimos e ata truxeron de volta o coche de bombeiros que levaran para pasar a ITV: sodes os mellores do mundo mundial! Grazas!! 🏆🏆


























venres, 23 de xuño de 2023

En boas mans

Os días no "hospi" poden chegar a facerse mooi longos, o sabemos.

Pero cando a Aula Hospitalaria pecha, os nosos "cunquis" quedan en moi boas mans!

Aquí vos deixamos o cronograma coas actividades que van estar á vosa disposición, en mans duns excelentes profesionales...que levan engadido a maiores un plus : o seu enorme corazón!

Grazas mil!        ❤❤ 💜💚💛💙💗❤❤


❤❤


venres, 16 de xuño de 2023

Alfaias

Xa estamos na recta final do curso , pero cada un dos días está cheíño de diferentes cores...

Nas habitacións, na aula ou nas casas, sempre recibimos do noso alumnado moooita enerxía positiva para afrontar os últimos retos e os momentos difíciles e duros, que tamén os temos...
















luns, 12 de xuño de 2023

Recomendacións lectoras - Ano Picasso








A lectura sempre é unha moooi boa compañeira : nos distrae, acompaña, divirte, ensina, nos fai viaxar, nos inspira, mellora as nosas capacidades...e un longo etc

Neste intre, e dado que estivemos a traballar dende xaneiro o Proxecto de Picasso: unha mirada diversa, vos recomendamos afondar un chisquiño na súa vida e obra...sen excluír calquera outra opción, sempre benvida!










mércores, 7 de xuño de 2023

Unha visitiña moi especial

Onte pola tarde tivemos unha fermosa visita : o Centro de Día de Valladares! 💗💗

Cánto lle poden aportar ao noso alumnado...e cánto lles alegra a eles tamén sentirse acollidos e "útiles"...

Ata lle estiveron ensinando a calcetar a Carolina!




💗💗Pero o máis demandado foron as partidiñas de naipes: María aprendéu moito con eles! Nós, tamén !