martes, 29 de xuño de 2021

Rematando curso...


 Remata un curso escolar moi intenso, no que o noso alumnado tivo que aprender tamén  moitas cousas novas a maiores do que xa toca asimilar cando ingresas no clube "sen cita previa" 💙💙

Aquí non botamos contas polo tema das burbullas , nin tampouco temos problemas  coa ventilación...pero sí un máster en confinamento, paciencia e esforzo persoal , en sorrir cos ollos, en dar mini apertas e mini biquiños envoltos en epis, en valorar cada visitiña e reforzo, en saber querer ás persoas que nos coidan e apoian e , sobre todo, a ter moooi claro o importante que é a saúde.

💜💛💗Vémonos en setembro!




luns, 28 de xuño de 2021

Con dereito a ser felices

Un dos proxectos máis fermosos e emotivos deste curso que xa remata, foi o "Diccionario Emocional" que se foi tecendo coa participación do alumnado de Atención Domiciliaria e o de Atención Hospitalaria do Hospital Álvaro Cunqueiro. Foi un recurso importante, que nos axudou moito a recoñecer e xestionar as emocións, algo fundamental tanto para un axeitado desenvolvemento da autoestima e o autocoñecemento como para poder compartilas... Imprescindible tamén para un bo desenvolvemento social, con tantas eivas xa polas suas circunstancias, moito máis neste difícil momento.


 


martes, 22 de xuño de 2021

Tempo de facer balance...

Moi fermoso e emotivo o traballo que nos chega dende Atención Domiciliaria: GRAZAS por ser como sodes, profesionáis implicados a tope , por riba das vosas obrigas e sen límites, dando todo e máis polo voso alumnado, poñendo esforzo, alma e corazón cada un dos días...Equipazo!





venres, 18 de xuño de 2021

Super Xabe : 2ª entrega

 

Aquí tedes unha nova xenialidade de Xabe, que traballou arreo na vida deste personaxe...qué vos parece?😊👍💛👏👏



A VIDA DE XOSÉ BONAPARTE



Naceu o 7 de xaneiro,

un día de néboa no mar

e de terra, a maioría dos mariñeiros

non querían zarpar.



Do 1768,

aquel era un día especial

pois nacera un persoaxe,

que tería fama mundial.



Chamábase Xosé Bonaparte,

aquel neno nacido en Córcega

concretamente, na cidade de Corte

e que formaría parte da nosa historia.



Fillo de Carlo Buonaparte,

e de María Leticia Ramolino

era o irmán maior,

de 8 inquietos rapaciños.



Cursou estudos de leis,

na cidade de Pisa

e no 1796,

con Napoleón, nunha campaña, a invadir Italia foron deprisa.



Contraxo matrimonio cunha tal Marie Julia,

tivo tres fillas, das cales unha non sobreviviu

e tamén outro fillo,

cunha tal Emilie.



Durante as Guerras Napoleónicas,

foi o enviado especial de Napoleón

e firmou tratados con Austria, Gran Bretaña, o Vaticano…

menudo chollo, e que follón!



Despois traballou como diplomático,

na Corte de Parma e na Primeira República Francesa

e foi membro do consello dos Quinientos,

madre mía, canta intelixencia.



No 1806,

Napoleón nombrouno rei de Nápoles

e reinou alí durante dous anos,

créndose que con dicir “ maxasea a cabeza, limpa o mantel”, todos o ían facer.



No 1808,

Napoleón nombrouno rei de España

onde según os cidadáns,

bar ao que entraba, caña que tomaba.



5 anos estivo alí,

reinando baixo o nome de Xosé I

aínda que todos o coñecían,

como “ PEPE BOTELLA” ou “ O REI PLAZUELAS”.



A Francia regresou,

despois de que o botaran os españois,

e trala derrota do seu irmán Napoleón,

aos Estados Unidos emigrou.



Despois duns anos,

a Europa volveu

e máis tarde,

en Florencia faleceu.



(Aínda que morreu en Florencia, Xosé Bonaparte está enterrado en París xunto co seu irmán Napoleón).

(En realidade, eran 13 irmáns pero 5 deles, morreron durante a infancia).

1- O nome de Pepe Botella era en referencia ao seu alcoholismo, que en realidade, non existía.

2- O nome de o Rei Plazuelas era referente a que construiu moitas plazas na capital destruíndo igrexas e conventos.

( tamén foi coñecido como o Rei Intruso).





XABELA   M. F.

mércores, 16 de xuño de 2021

Aloumiños dende a distancia

 Este curso tan "peculiar", como non poden vir ao hospital, o alumnado e o profesorado do CPR Divino Salvador nos achegan os seus aloumiños deste xeito:

** "Club de la Comedia"- Leer o no leer

** "Enamorados del Cunqueiro"

 Moitas grazas!





Aquí vos deixamos os enlaces:

https://wetransfer.com/downloads/477d1249c8999e6da77eab34d810f60220210614205048/d6d691a877dba363c385f132abdf206820210614205116/cbfa6d


https://wetransfer.com/downloads/9562c976f307dc323dfce302f1d42d5120210614203400/91074a90184a46b69aa79e1e17e68b8d20210614203438/abbc07



Aventura lectora 2

 

Continuando coa proposta de animación á lectura e lectura en voz alta, con esta reflexionamos sobre a igualdade entre homes e mulleres, a non discriminación, o respecto...e tamén aprendemos a valorar en positivo as diferenzas e a enriquecernos con elas.


Libro: Héctor, el hombre extraordinariamente fuerte

Autora: Magaly LeHuche

Editorial Pípala

Lectores: LVR e MMV



 https://youtu.be/6tSy0kRJwCI





Estreno Disney

Italfármaco nos volve a seleccionar para participar, xunto con outros hospitáis do país, nunha iniciativa solidaria en colaboración con Disney, para que os nenos e nenas hospitalizados poidan disfrutar do estreno da última película de Disney ao mesmo tempo que os que van ao cine . Moitas grazas!









 

Aventura lectora: unha fermosa experiencia

 Dende a Atención Educativa Domiciliaria se traballan moitísimos aspectos, tanto os indicados polos centros de referencia como os que cada mestre/a de AD vai complementando en función de cada un dos seus alumnos e alumnas: falamos dunha ensinanza extremadamente individualizada e directa...

A profe Marta envíanos un exemplo e nos di que acordou traballar a lectura en voz alta , actividade que resultou ser moi enriquecedora e coa que disfrutaron a tope, aprendendo unha chea de cousas: traballouse a concentración, a atención, a escoita activa, a expresión e a comprensión, a entoación a a autoestima...animaronse a ler por puro pracer, a compartir as lecturas e tamén a espertar a imaxinación!



Con este libro cambia un pouco o conto: Carapuchiña convértese na primeira alcaldesa da súa fraga. E por que non? Os contos non sempre son como nolos contaron...Agora que coñecemos o funcionamento do noso concello e como se elixe ao alcalde, esta versión do conto é máis interesante ca nunca!!

Título: Alcaldesa vermella
Autor: El hematocrítico
Ilustracións: Mar Villar
Editorial: Pequeno Merlín
Lectores: LSE e MMV/KRD e NRD


KRD e NRD: 

https://youtu.be/kPl-oSq6r4I





LSE: https://www.youtube.com/watch?v=6dnqXkJE1e0





luns, 7 de xuño de 2021

Xabela



Moitas grazas a Xabela, Super Xabe, por facernos ver unha realidade xa inesquecible: o material preciso para nenos e nenas con  discapacidade visual ten que formar parte do noso equipamento, ao igual que tantos outros, porque a diversidade forma parte do noso día a día...non si?


E moitas grazas tamén por compartir un dos seus moitos poemas, que tanto nos gustaron ..e  nos fixeron pensar e ata rir! eres unha crack, Super Xabe!



O RAP DO CORONAVIRUS

O Coronavirus é un becho endiablado
aínda que pareza fermoso, é perverso e malvado.

Que as súas cores e o seu aspecto inocente
non te distraian, porque é quen mata á xente.
.
Non te acerques a él, é moi perigoso
non te acerques a él, é moi contaxioso.

Quédate na casa, non camiñes polas rúas
porque aínda que non o vexas, hai bechos cheos de púas.

Despois de comer, ou de saír a comprar
é recomendable lavarse ben as mans.

Non te acerques a él, é moi perigoso
non te acerques a él, é moi contaxioso.















mércores, 2 de xuño de 2021

Grazas, Ilunion!

                        



O noso alumnado está de noraboa! Acabamos de recibir unha máis que xenerosa donación da empresa ILUNION, que nos vén da man do quiosco do noso Hospital: moitísimas grazas!!







martes, 1 de xuño de 2021

"Guía de actividades para a volta á aula do alumnado hospitalizado"

 ASOTRAME (Asociación galega trasplantados/as médula ósea), ven de  presentar a "Guía de actividades para a volta á aula do alumnado hospitalizado", una iniciativa que agradecemos e valoramos moitísimo!

Aquí tedes o enlace:

http://www.asotrame.com/Guia.html