venres, 25 de marzo de 2022

NON ÁS GUERRAS

As nenas e nenos de 4º "A" do CEIP Canicouva, de Vigo e a súa profe Marta son taaan riquiños e comprometidos que nos quixeron mandar un cartel con esta mensaxe tan necesaria, hoxe e sempre:

"Berramos non á guerra.
 Todas as nenas e nenos do mundo teñen dereito a vivir en paz"



Moitas grazas!!O temos posto na entrada da aula.








martes, 22 de marzo de 2022

Un tempo para cada cousa

E cada cousa no seu tempo: temos organizada a xornada de forma que podamos facer as tarefas do cole de primeiras e así logo poder adicarnos aos diferentes obradoiros e actividades que temos na aula.









venres, 18 de marzo de 2022

*SE BUSCA*

 Unha peniña!  😞😞😟

LUZ perdéu na UCI a KATI, pero non así a esperanza de atopar ao seu coelliño branco e azul, e ademáis pon tooodo da súa parte para que apareza axiña: qué vos parece a nota que fixo? 

Logo a puxemos na entrada da aula, ben visible . Confiamos na sorte...💚🍀🍀🍀





venres, 11 de marzo de 2022

Aloumiños

Recibimos mooito máis do que damos, non hai dúbida!! E coñecer a persoas como DANIELA, tan riquiñas, fermosas e cun corazón tan inmenso que non lles cabe no seu corpo...é o mellor dos premios! Grazas!💟




Unha xornada diferente

O día transcurre , aparentemente, como calquera outro, é dicir: non hai dous iguáis... nunca!















Pero hoxe, entre os traballos de Lingua Galega e Educación Física dos maiores , atrapasoños rematados,   os arranxos mecánicos de Pedro có coche de bombeiros ou a minuciosidade de Luz có seu amigo "O monstro das cores  ", cavilamos que pese a ter moi interiorizado que as despedidas nesta aula son moi frecuentes, e tamén moi agridulces (alégramonos moito cando lles dan a alta, pero un cachiño do noso corazón se vai con eles), esta despedida é ben diferente: remata a profe Estefa 💙 pero non sen prometernos que vai vir moooito por aquí para facernos visitiñas. Non te imos esquecer nunca!















xoves, 10 de marzo de 2022

"RED" : novo estreno de Disney no hospital!

Este venres día 11 de marzo, chega aos hospitales de España e Portugal o novo estreno de Disney, por cuarto ano consecutivo : "RED"

En total, nos sumamos á iniciativa máis de 100 hospitales de todas as comunidades autónomas e 60 de Portugal, para que as nenas e nenos hospitalizados podan disfrutar da sua emisión, grazas á implicación de Disney, o Grupo Italfarmaco e as Consellerías de Sanidade das 17 comunidades autónomas.

Se lles fará chegar un link para poder acceder a través dunha app gratuita...e a disfrutar!!😊👏👏






martes, 8 de marzo de 2022

8 M

 Tanto en Atención Educativa Domiciliaria como na Aula Hospitalaria, o noso alumnado estivo a darlle voltas e personalizar o día de hoxe: así o fixeron BRAIS e PAULI, grazas mil aos dous por compartir os vosos traballos!



                                                 



                                                       

xoves, 3 de marzo de 2022

5000 Grazas!

Hai un ano por estas datas que comezamos a nosa andaina e hoxe superamos as 5.000 visitas!

Moitísimas grazas por acompañarnos nesta fermosa andadura! 💚💜💛💙💗