“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
domingo, 30 de abril de 2023
Francisco Fernández del Riego
venres, 28 de abril de 2023
Libros, sempre libros!& Picasso, sempre Picasso!
📘📙📗Hoxe comezamos coa "Ronda das Letras", por mor da Semana do Libro!📚📚📚
Xa temos todo ben arranxadiño...qué nervos!❤❤
E nada mellor que conmemorar estas datas facendo marcapáxinas do noso benquerido Picasso!
A iniciativa tivo tan boa acollida que se animaron tanto na Aula Hospitalaria, coma nas habitacións do hospi...e ata en Atención Domiciliaria!
mércores, 19 de abril de 2023
martes, 18 de abril de 2023
Normalidade de aula
Recuperando a nosa enriquecedora "diversidade de aula", tan normalizada 😊💙
Momentos de intenso traballo académico e tamén outros de índole máis lúdica. Pero sempre compartidos!
martes, 11 de abril de 2023
Terceiro trimestre
E xa estamos de volta! Comezamos andadura polo remate do curso, xa no terceiro trimestre...
Novo alumnado se incorpora á nosa aula 😏😊e tamén continuamos con alumnado que leva por aquí xa un tempiño e estaba desexando reanudar "normalidade"! 😉😊
Qué como estamos? Pois coma sempre, con un revoltallo de emocións e sentimentos...❤❤💗❤❤