martes, 29 de novembro de 2022

Fluídos divertidos 4

Ciencia versus Maxia 🔬 🔮

Ese foi o debate da tarde de onte: Hugo non podía creer que os experimentos tan increíbles que nos fixeron non fosen "causados" pola maxia!!

 Xacobe, Pablo, Martín e Romeo defendían que non, Lucas non opinaba e Carla e Aroha, como que xa están de volta: Saben ata o por qué de moitas das cousas , non de todas...📊💭☺

Coa sesión de hoxe se remata a intervención do alumnado de Inxeniería Biomédica do CUVI e somentes nos queda agradecerlles todo o que nos aportaron , o fácil que nos puxeron participar , os agasallos, as horas que pasaron voando, todo o que aprendemos...e o divertido que o fixeron !!

Mil grazas, noraboa e agardamos seguir contando coa vosa colaboración ❤❤















luns, 28 de novembro de 2022

Noraboa ás cinco campionas!

Aquí vos deixamos as conclusións e o traballo de Cartografía Social que fixeron Lucía, Aroa, Julia, Inés e Lucía bis ao redor do tema "Infancia e Hospital" 💜💛💚💙💗













xoves, 24 de novembro de 2022

Fluídos divertidos 3

Cada luns agardamos xa con impaciencia as sesións coas que o profesor Eduardo e o seu alumnado de Inxenieria Biomédica nos agasallan  : un pracer! 

Os ollos ben abertos e sorrisos a esgalla son a cambio de todo iso o único que eles recollen, xunto có noso agradecemento  😊                                










domingo, 20 de novembro de 2022

25 N : que NON te corten as ás!

Chega o 25 de novembro e ben que nos lembramos ( ou deberíamos) de que non ten sentido este día se non o temos presente cada un dos 364 restantes...non si? 👐

Pois aquí procuramos telo sempre en conta , aínda que neste mes un chisquiño máis...moito máis!

Asi que argallamos unha proposta que aglutinara as nosas ideas e os nosos sentimentos ao redor do tema e se chegóu, en equipo, a un consenso: construír unhas ás con moooitas plumas que recolleran as diferentes aportacións de cada quen!

E xa só nos quedaba un "lema": Gael foi o primeiro en aportar un e a todo o equipo lle encantóu!


             "QUE NADIE TE CORTE LAS ALAS"
















mércores, 16 de novembro de 2022

O Biblio-Virus

Qué ben está a funcionar a iniciativa do "Biblio-Virus" : nenas e nenos , familias e ata o personal sanitario atopan un intre para facer unha paradiña e curiosear, participar e mesmo compartir! 

A gran familia do Cunqueiro 😏📚




Cartografía social

O pasado venres tivemos a visitiña de cinco alumnas de Maxisterio, que viñeron dende Santiago para coñecer a nosa Aula e facer un traballo sobre Cartografía Social, que ven sendo un mapa corporal baseado no tema "Infancia e Hospital".




Ademáis de recoller moita información e de transmitirnos os seus desexos de saber todo o posible sobre nós, fixeronlle unha entrevista a Thiago e ata nos agasallaron cun xogo! 


Grazas mil a Aroa, Lucía e Lucía bis, Inés e Julia...e moita sorte no fermoso camiño que comezades!

❤❤❤❤❤

martes, 15 de novembro de 2022

Fluídos divertidos 2

Onte estiveron de novo con nós o alumnado de Inxeniería Biomédica (3º curso) do CUVI, capitaneados polo seu profesor, Eduardo: coma sempre, unha experiencia formidable para os nosos peques... e non tan peques.😉

Aquí vos queda a testemuña gráfica dos tres grupos que fixeron a intervención. Mil grazas polos momentos taaan divertidos e taaan educativos ao mesmo tempo! 🔬🔮🔎

























Tres que son un

Na nosa Aula se fan moitos e moi especiais vínculos e amizades 👋👋 

Tantos, que ás veces, cando lle dan a alta médica a alguén, pese a ser a mellor das noticias, parecería que non é así escoitando os lamentos e as despedidas, mesmo os choros algunha das veces...curioso, verdade? ❤

Pois así pasóu un destes días cós "tres mosqueteiros do Cunqueiro": Gael, Thiago e Lucas 😷😷😷

Ata a profe Lucía, nunha das tardes, lles fixo unha "bolsa especial" para cumprir có rito, cando lles fora tocando a vez : e lle tocóu a Lucas, de primeiro...💪💪💪

Pero foi unha despedida a medias, iso sí, porque saben que van seguir en contacto! 😊