Hoxe e sempre, Rosalía de Castro ven merece o noso recoñecemento mais fondo...☺
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
xoves, 23 de febreiro de 2023
luns, 20 de febreiro de 2023
Revoltallos e Arlequíns
Nestes días que "cheiran" a Entroido, a figura do Arlequín, que Pablo Picasso pinta unha e outra vez xa dende a súa Etapa Rosa, nos sirve de inspiración para falar e traballar acerca dos "Eternos Contrastes": unha apariencia chea de ledicia pode agochar debaixo da máscara alegría e tristura...
O traballo emocional na Aula ten moitos vínculos coa idea, que aproveitamos de seguido...
O arlequín, por outra banda, é unha figura tanto simbólica como estética, que Picasso recrea continuamente e aproveitamos tamén para traballar na Plástica as expresións.
venres, 17 de febreiro de 2023
Remata o Entroido
Hoxe rematamos de cumprir os mandadiños do noso "LegoMeco" 😊
En moitos coles as nenas e nenos van nestes días en pixama, pero no noso , como en pixama xa imos todos os días, nestes, sobre todo hoxe, foi xenial poder ir vestidas "de calle"... ou do que nos petara!
mércores, 15 de febreiro de 2023
Emocións a esgalla!
Pero cánta diversidade de pés temos hoxe por aquí ! 👏👏👏😅🎈
Con moi bo pé comezamos tamén hoxe o día: visitiñas moi especiais dende primeira hora e un "sin parar" o resto da xornada!
O alumnado de IES Primeiro de Marzo, de Baiona fixo, por mor do Día do Cancro Infantil i en colaboración con ASANOG, un obradoiro emocional có alumnado da Aula Hospitalaria...que foi un verdadeiro pracer! Moitíiiisimas grazas a Noelia, Alba, Lara e Ángela!
martes, 14 de febreiro de 2023
15 F
Hoxe é un día moi importante 💚💙💛💜💗
Porque visibilizalo é unha obriga...💪💪💪
...e porque ás risas e as apertas tamén curan! 😊😉
Sal e Pementa 💌🎈🎭🎶🌟✨
domingo, 12 de febreiro de 2023
Comeza o Entroido / 23 !
Imos a por todas! Xa é luns! 🎉🎉🎭
O noso Meco pon os seus Mandados e nós estamos desexando cumprir cada un deles!
venres, 10 de febreiro de 2023
Atención Educativa Domiciliaria
Na AED tamén se fan moitas , pero que moooitas cousas ! E se traballa dabondo!
Para mostra, un botón: aquí vos deixamos o ben que o pasa Amelia aprendendo a escribir o seu nome e as reflexións de Aktis no "Libro dos Nomes", dous dos vinte campións que temos cada día traballando nas súas casiñas ❤❤
mércores, 8 de febreiro de 2023
Propostas interesantes
Algunha das nosas propostas poida que vos pareza útil, divertida incluso ou simplemente interesante e curiosa: vos animades a probar?😉