domingo, 30 de xaneiro de 2022

PAZ SEMPRE PAZ

 Cómpre traballar moito para conseguir A PAZ , verdade?

 Os nosos cunquiños e cunquiñas tamén traballaron arreo para facer unha decoración axeitada ...e aínda por riba, divertíronse moito !

                                                     





























venres, 28 de xaneiro de 2022

Un feixe de boas letras



Poderían ser moitos outros, pero hoxe vos recomendamos estes que tamén falan de paz e de valores, de solidariedade e amor, de concordia e bondade...
















mércores, 26 de xaneiro de 2022

Peúgo, o calcetín melenudo

 Como non agradecerlle á  Jessica, mestra e mamá, o seu agasallo! 💟 

Polo que representa e pola creatividade e a mensaxe que transmite...Peúgo está só e fai o que lle peta, pero nos recorda tamén que se ben os calcetíns teñen normalmente parella, todas as persoas tivemos nalgún momento calcetíns desparellados ou furados, verdade que sí? e que iso non implica que non sirvan para nada,noooon!!! "sempre hai un roto para un descosido" e sempre hai creatividade para acadar novas vidas  para o noso calcetín. 

                                                             






martes, 25 de xaneiro de 2022

Unha morea de mans

 Cando a nosa aula está "a ferver" o primeiro que chama a atención é a cantidade de mans activas que se percibe nada máis entrar. ✋✋✋✋✋✋✋


 Por cuestións de movilidade e de outros condicionantes, na meirande parte da xornada  os nosos peques fan moitas cousas dende a  cadeira : traballan, xogan, crean, debuxan, modelan, recortan, fan puzzles, devoran libros...e todo iso, provoca un fermoso panorama de mans en movemento!




















xoves, 20 de xaneiro de 2022

Merci beaucoup à nos amis!

 Quedábanos por compartir unha fermosa noticia: dende o norte de Francia, no Paso de Calais que pertence ao distrito de Saint -Omery no cantón de Audruicq, chegounos polo Nadal un paquete cheo de aloumiños: felicitacións feitas polo alumnado de primeiro da ESO do colexio Brèdenarde, que están no primeiro ano de español y quixeron enviarlle as nosos peques unhas felicitacións fermosísimas. Moitas grazas!💙💗

Nos quedaba por compartir una hermosa noticia: desde el norte de Francia, en el Paso de Calis que pertenece al distrito de Saint-Omery, en el cantón de Audruicq, nos llegó por Navidad un paquete lleno de cariño: felicitaciones hechas por el alumnado de primero de ESO del colegio Brèdenarde, que están en el primer año de español y quisieron enviarle a nuestros peques unas felicitaciones hermosísimas. ¡Muchas gracias!💙💗

Merci beaucoup pour vos voeux de Nöel. Nous les avons beaucoup aimés, ils sont magnifiques! Bisous.-