💫Convidámosvos a que entredes no noso Instagram para ver o bonito vídeo co traballo creativo que fixemos arredor da figura da investigadora e científica María Elena Caso.
🐟🐠🐙Quedou no seguinte nivel de chulísimo!
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
💫Convidámosvos a que entredes no noso Instagram para ver o bonito vídeo co traballo creativo que fixemos arredor da figura da investigadora e científica María Elena Caso.
🐟🐠🐙Quedou no seguinte nivel de chulísimo!
💫 Recén inaugurado o curso, presentamos un libro que está sendo todo un éxito tanto na aula como nas habitacións, xa que as manualidades e a papiroflexia enchen moitos tempos libres que o alumando ten fóra da escola e das extraescolares da tarde.
✂📄 Para peques di, pero certamente é para todas as idades!!!!
Comezamos cos científicas ludificando as matemáticas, como Ada quería👇
🕵️♀️🕵️Hoxe tocou sesión de enigmas con Ada Lovelace.
🧮O traballo en equipo foi o éxito para que toda a rapazada conseguira o seu premio.
🤩Que grandes son!!! e ti, saberías descifrar estes enigmas?
E chegóu o día!! a Aula volveuse a encher coa rapazada que estaba impaciente por compartir xogos, botar unhas risas, coñecer a outras nenas e nenos e descubrir todos os tesouros que xa se anunciaban...
O pasado venres xa non nos daba chegado o día e comezamos as visitiñas polas habitacións!!
A profe Amalia estrenóu a Carroteca ... e con moooito éxito!👏👏💜📚📚
E nos chega dende Tui, da Biblio do IES San Paio e da man de Belén un fermoso agasallo con visitiña incluída; mil grazas á BiblioSanPaio! 💜💛💚
📆 Presentámosvos o calendario deste curso académico.
Como somos unha aula hospitalaria (centro de ensino) da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades rexímonos polo seu calendario escolar e o DOG que o regula: Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. (ligazón)