venres, 29 de abril de 2022

Bombeiros de Vigo

Unha vez máis, temos que agradecerlles o seu enorme apoio e xenerosidade! 👏👏👏

Unha sorpresa en forma de futbolín entróu pola porta nestes días da man dos mellores bombeiros e persoas do mundo! 🏆🏆🏆


                                                       

Si xa na aula temos permanentemente en uso un dos seus agasallos máis celebrado, agora será sen dúbida por partida dobre!












xoves, 28 de abril de 2022

A profe Noe

Hai unha semana que rematóu na aula hospitalaria e xa nos parece un mundo, de tanto que a botamos en falta! 💚💜

Grazas , Noe , pola túa implicación e ganas de aprender, pola paciencia , polo amor infinito e por ese sorriso eterno que nin a máscara conseguía agochar...😷😊







martes, 26 de abril de 2022

A visita de Spiderman

O noso amigo Spiderman ven polo hospital de cando en vez e consigue sempre ,en cada unha das súas visitiñas, por un sorriso nas nosas facianas e mellorar o noso día.👋👋🎈

Xa agardamos a seguinte visita! Hoxe estivo pola tarde e tanto Lucía de ASANOG ,como as nenas e nenos que estaban ao seu cargo levaron unha fermosa sorpresa!😊😊











Alexys na súa casiña

En Atención Domiciliaria temos unhas nenas e nenos que son ...o mellor do mundo ! 🌍

A profe Sonia mándanos unhas fotiños de Alexys para que miredes o ben que traballa e o responsable que é coas tarefas do cole e coas voluntarias tamén! 👀💚








GRAZAS 😘😘




xoves, 21 de abril de 2022

Comunicador en ucraíno

Lucas e a súa nai nos deixaron este fermoso e útil agasallo ...por se nos fixera falta máis adiante. Graciñas aos dous!























luns, 18 de abril de 2022

"O Libro dos nomes"

Aquí están algúns dos nomes , porque non todos están recollidos .👀
O nome nos fai diferentes, aínda que haxa persoas que se chamen igual, porque é parte da nosa identidade, tanto respecto á un mesmo como hacia os demáis.❤
Codifica moita información, mesmo cando o asumimos como propio ou eleximos de xeito voluntario un que nos "codifique" máis  axeitadamente.💌













mércores, 13 de abril de 2022

Libros de Abril

Temos rulando polas aulas (tanto a do hospital como as domiciliarias) dous tipos de libros moi especiais que queren dar espazo ás emocións pero tamén ás opinións , porque o noso afán é compartir e mellorar, sempre! 🔝🔝


O primeiro dos libros é o de "SEN CITA PREVIA"






O segundo é "O LIBRO DOS NOMES"                        


Xa temos moitas aportacións, das que vos iremos dando boa conta en breves datas.




venres, 8 de abril de 2022

Tachán: Comezamos!

ESTA SEMANA COMEZARON...POR FIN! 💗💗💗 GRAZAS!

Xa temos as tardes -e mesmo algunha mañá dos findes - enchidas de tempo de calidade:  risas, charletas, cores, xogos e moitas emocións!

Persoas como Lucía e Fran, Cali e Javier e compañía fan que o tempo non pese tanto...sodes uns soletes! 🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞