As nosas recomendacións para estes días poderían ser estes dous fermosísimos e moi traballados libros, que están, sen dúbida algunha, entre os nosos favoritos.
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
sábado, 26 de febreiro de 2022
venres, 25 de febreiro de 2022
Festa rachada!
Onte e hoxe continuamos coa festa, na Aula Hospitalaria e tamén na Atención Domiciliaria!!
E para mostra, aquí vos deixamos un feixiño de imaxes que representan os momentos que compartimos e disfrutamos. Feliz Entroido, tamén no hospital e nas casas!
xoves, 24 de febreiro de 2022
Comezamos!
Pois o noso alumnado sí que é "ben mandadiño" ! Hoxe a aula encheuse de pares de pés diferentes e mesmo algún de nós parecía ter unha leve coxeira por facer mal os cálculos de calzado e elexir un par desigual de máis en altura 😅😂
martes, 22 de febreiro de 2022
Quentando motores
E mentras tanto, na aula , os obradoiros están a ferver! 😏
martes, 15 de febreiro de 2022
Aloumiños
Pero qué alegría tan grande sentimos o equipo de profes cando alguén como Valeria nos adica cousiñas tan chulas! 😊 Graciñas mil! 💚💗💜
15 de Febreiro
Hoxe tivemos na aula unhas visitas super especiáis, das que nos enchen de alegría, animan e deixan sempre moooitas ganas de repetir : música, baile, risas a esgalla, complicidade...
Grazas mil a Galiclown pola fermosa labor coa que nos agasallan, por como son e por como fan que se sintan os nosos cunquiños e cunquiñas.