“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
sábado, 27 de febreiro de 2021
Que facemos?
Somos un equipo de profesionáis que traballan conciliando esforzos dende distintos ámbitos (A Atención Educativa Domiciliaria e a Atención Hospitalaria) coa finalidade de proporcionarlles a mellor atención educativa posible aos alumnos e alumnas que por diferentes circunstancias non poden acudir ao seu centro educativo.
Esta atención educativa, baseada no principio de inclusión, comprende actuacións dirixidas a acadar os obxectivos e competencias básicas sinaladas polos seus centros de referencia para facilitarlles a reincorporación, evitando o desfase escolar que se poidera derivar da situación que están a vivir. Unha pedagoxía hospitalaria que pretende non limitarse somentes as aprendizaxes propiamente académicas ou curriculares, xa que tamén se procura engadir o acompañamento terapéutico nun espazo activo, participativo, interdisciplinar e integrador.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario