O Álvaro Cunqueiro é un hospital moooi grande, xa o sabedes, pero en Pediatría están.... os mellores pacientes do mundo mundial, as nenas e os nenos máis riquiños do planeta!!!
💟E así o reflexan nos debuxos que estiveron a facer nestes días 💟
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario