Desexos cós que soñamos, verbas cun significado moooi especial, letras que se xuntan e apertan, bicos ao noso idioma...boliñas de prata e ouro que queren ser realidade: xuntas fan maxia: a maxia do Nadal! 🙌
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario