Dende que o aforo da aula aumentóu, houbo tamén unha transformación no ambente da aula, sobre todo na parte final da mañá, a máis lúdica: poden xogar en grupiños, síntense mellor e a "mestizaxe" de idades , localidades de orixe e os diferentes cursos e centros educativos aos que pertencen, fan que todo sexa moito máis doado e enriquecedor.
Cada día é un fermoso acontecemento e cando chega a hora de pechar, ninguén quere marchar...💙
Pero tamén dende as casas nos chega a mesma mensaxe: momentos moooi fermosos aínda que non sexan tan compartidos! 💚
Ningún comentario:
Publicar un comentario