Comeza xuño e ven ben cargadiño de aloumiños e apertas, de debuxos que mudan da cor negra ás multicores e de despedidas salgadas e doces á vez...cántas cousas aprendemos deles!
Que dure a boa racha! 🍀🍀🍀🍀🍀🍀🍀
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario