E que non falten! Ao que xa está en funcionamento (Aula Hospitalaria , Obradoiros de Asanog e Cruz Vermella, Bicos de Papel e Galiclow...) e a maiores de algún "extra" que xa desfrutamos (Mago Cali, Bombeiros, etc) nestes días engadimos algunha cousiña máis...
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario