Cómo paso o tempo! En menos de dous anos que levamos de andadura, xa temos que celebrar unha morea de visitiñas: dez mil nada menos! Grazas mil a todas as persoas que facedes este camiño con nós ,porque sodes o noso motor! 💪
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario