E chegóu o día!! a Aula volveuse a encher coa rapazada que estaba impaciente por compartir xogos, botar unhas risas, coñecer a outras nenas e nenos e descubrir todos os tesouros que xa se anunciaban...
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario