Queremos facer público e ben visible o noso agradecemento ao Departamento de Educación do Concello de Vigo pola contribución tan ben escollida que nos fixeron chegar para os fondos da nosa Biblioteca, en continúa actualización.
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario