m茅rcores, 8 de novembro de 2023

Proxecto Picasso novembro: ESCULTURA.

馃幆A escultura é unha arte que consiste en tallar, ensamblar ou modelar certos materiais para obter unha

representación en tres dimensións. Picasso concibía a escultura como unha forma de expresión, así como o eran para el a pintura, o debuxo, o gravado ou a cerámica. Ao longo da súa vida artística, Picasso empregou nas súas esculturas todos os materiais ao seu alcance: madeira, bronce, ferro, cemento, aceiro ou xeso. 

馃憠 Partindo disto e, da actividade proposta polo Museo Picasso Málaga, crearemos personaxes e formas a partir de diferentes materiais, enchendo a planta de pediatría do Cunqueiro coas nosas propias creacións.

馃憠 Por outra banda, nun traballo de colaboraci贸n co CEIP Tintuteira imos crear un espantallo cubista para a s煤a horta.

馃憠 E para rematar temos a grand铆sima sorte de que a Casa Museo Picasso de A Coru帽a, preparounos un v铆deo amos谩ndonos a casa e unhas actividades para realizar na aula sobre o que na casa-museo hai. 

Un luxazo!馃槃


As铆 que mans 谩 obra...COMEZAMOS!

Ning煤n comentario:

Publicar un comentario