sábado, 16 de decembro de 2023

Adiviña a madriña! (IV)

 Pois estaba moi claro e a adiviñáchedes á primeira!!!


Dicídenos, a que non podería ser outra persoa a MADRIÑA da BIBLIOTECA ESCOLAR da AULA HOSPITALARIA de Vigo que:

SUSANA RODRÍGUEZ GACIO!!!!???

Non vos podedes imaxinar o entusiasmado que está todo o claustro, alumnado e familias con este acontecemento que imos ter o 22 de decembro ás 11.30h. Será un marabilloso ACTO DE AMADRIÑAMENTO.

Non sabemos como agradecerlle a @susirodriguezgacio todas as facilidades que nos dá e contar coa súa presenza fai que non nos dea chegado o día.

E a vós, gustariamos vir?

@bescolaresgal
#aulahospitalaria
#bescolaresgalabertas
@vigosergas
@edu.xunta
#paratriathon
#paralimpiadas

Ningún comentario:

Publicar un comentario