Superheroínas e superhéroes!
Participamos na 3ª Xornada das SUPERHEROÍNAS E SUPERHEROES de la Fundación La Nineta dels Ulls.
Con ela, colaboramos para dar a coñecer o retinoblastoma e os seus síntomas para
conseguir un diagnóstico precoz da enfermidade.
Por
otra banda, o obxectivo principal da xornada é promover a inclusión de
todos os nenos e nenas na nosa aula, porque todos somos diferentes e,
por iso, todos somos especiais.
Aproveitando o Entroido construímos o noso escudo. Este protexerá o noso superpoder.
🛡S. ten o poder do sono… pode durmir horas e horas, ata todo o día.😴
🛡 B e M comparten o poder do raio ⚡️
🛡
A nai se A di ter o poder de ser boa e mala á vez ☯️ (di que obriga á
filla a tomar as pastillas que lle manda o médico e rifa con ela)
🛡 I ten o poder do baile.. e que ben o fai!🩰
🛡 I (maior) ten o poder da Natureza. Nela síntese feliz.🍀
🛡M di que non ten ningún pero a creatividade que amosa o seu escudo agocha algo 🤩
🛡N deixou claro o seu superpoder: o debuxo!! 🎨
🛡Z di que lle gusta moito falar (e faino moi ben) 🗣
🛡L é súpertraballadora e responsable 🥰
🛡A dixo que tiña moitos superpoderes pero non os pode desvelar 🤩
E ti, que súperpoder tes? Como sería o escudo que o protexería?
#superheroïnesisuperherois
#superheroínasesuperheroes
#retinoblastoma
#escolahospitalariaconsuperpoderes
Ningún comentario:
Publicar un comentario