“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
martes, 16 de marzo de 2021
Cunqui, o noso polbiño
Ao entrar en Pediatría, mesmo parece que nos estiveramos a misturar coa Ría de Vigo e os seus personaxes infantís favoritos: Cunqui e os seus mariñeiros, que nos falan das distintas emocións que os nosos nenos e nenas poden chegar a sentir...non si?
Capitán Cunqui, o polbiño amoroso e mandarico,
o peixe Soñico, sempre con sono e sempre cansadiño!,
o golfiño Alegro, ao que nunca lle faltan as ganas de brincar,
a estrela de mar Meda, que non se fía de ninguén! sempre ten medo,
o caranguexo Furio, permanentemente enfurruñado e
a ameixa Ostriña, apoucada e cheíña de tristura...
Na Aula Hospitalaria, no Cole do Hospital, quixemos incorporar un amiguiño novo para axudarlles a por un chisquiño de mesura con tanto sentimento...e así nace outro Cunqui,un polbiño cheo de cores e mirada doce, froito da interpretación que do Cunqui orixinal fixeron os nosos alumnos e alumnas: Gústavos?
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Que chulada de polbiño! Precioso a máis non poder!! 🌈🐙
ResponderEliminar